| Localización |
Sala de campás |
|---|
| Diámetro (en cm) |
53 |
|---|
| Altura do bronce |
50 |
|---|
| Bordo |
5 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
86 |
|---|
| Fundidor | ALONSO DE VIADERO, DIONISIO |
|---|
| Ano de fundición |
1719 |
|---|
| Descricion |
As dúas campás pequenas ou "Marianas" son practicamente iguais en todo, coa única diferenza da cruz, que no caso da campá maior ten tres cravos. O resto é similar.
Na parte superior a campá leva a usual inscrición das campás galegas "IHS # MARIA # # # IOSEPH # ". IHS é o anagrama de Jesús en grego.
Na parte de fóra, no medio, hai unha cruz con pedestal.
No medio pé pon en latín "LAVDATE # DOMIИVM # IИ # CIMBALIS # BEИE SOИAИTIBVS # AИИO # I7I9 # " Usualmente escríbese xunto BENESONANTIBUS. A cita está tomada do salmo 150:5 "LAUDATE EUM IN CIMBALIS BENESONANTIBUS LAUDATE EUM IN CIMBALIS JUBILATIONIS OMNIS SPIRITUS LAUDET DOMINUM" (Ps 150:5) que significa ENCOMIÁDELLE (AO SEÑOR) CON CAMPÁS BEN AFINADAS (DE BO SON), ENCOMIÁDELLE CON CAMPÁS DE ALEGRÍA, TODO ESPÍRITO ENCOMIE AO SEÑOR.
A continuación pon en latín o ano de fundición: ANO 1719.
Debaixo, na parte exterior, está a marca de fábrica en monotipo, combinando o español e o latín: " # DIONISIO # ALONSO # ME FCIT # " é dicir DIONISIO ALONSO FÍXOME. |
|---|
| Terzo (T) |
(2 cordóns) /
"IHS # MARIA # # # IOSEPH # " /
(2 cordóns) |
|---|
| Medio (M) |
(00) (Cruz con pedestal e tres cravos) /
(cordón) |
|---|
| Medio pé (MP) |
(2 cordóns) /
"LAVDATE # DOMIИVM # IИ # CIMBALIS # BEИE SOИAИTIBVS # AИИO # I7I9 # " /
(2 cordóns) /
(00) (marca de fábrica en monotipo) " # DIOИISIO # ALONSO # ME FCIT # " |
|---|
| Prima |
Lab 5 -45 |
|---|
| Hum |
Fa 4 -38 |
|---|
| Terceira |
La 5 +35 |
|---|
| Quinta |
Mi 6 -07 |
|---|
| Oitava |
Fa# 6 +00 |
|---|
| Toques tradicionais de campás |
Posiblemente repique nada máis, sen mover a campá. |
|---|
| Toques actuais de campás |
Posiblemente repique nada máis, sen mover a campá. |
|---|
| Cepo |
Madeira |
|---|
| Estado actual |
A campá non ten badalo.
Hai no seu interior uns arames grosos, que deixaron marcas.
Debaixo da campá hai diversas plantas verdes. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Corda ao badalo que chega ata a outra campá pequena |
|---|
| Actuacións urxentes |
Non debe tocarse a campá sen badajo (aínda que xa se fixo, marcando o bronce cos arames).
Debe colocarse un badajo da medida e tamaño adecuado a esta campá. |
|---|
| Propostas |
A campá debe ser limpada, por dentro e por fóra, para recuperar a sonoridad orixinal.
O cepo de madeira debe ser restaurado.
Debe utilizarse pintura adecuada para a protección da madeira e que ao mesmo tempo permita que respire.
En ningún caso debe ser dotada de electromazo externo. |
|---|
| Protección |
Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para incluír a campá e a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto. |
|---|
| Valoración |
En caso de rotura só pode ser soldada. Pode ser substituída por outra campá de distinta afinación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é orixinal e é preciso conservala para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais. |
|---|
| Descrición (xerada por Ollama - IA local) |
A Campá Mariana Maior, integrada na Catedral de Santa María de Lugo (1719), representa un valioso legado patrimonial. A súa orixe atribúese a Alonso de Viadero e Dionisio, e a súa estrutura está marcada por inscricións litúrxicas como “IHS MARIA IOSEPH” e “LAVDATE DOMI&1048;VM I&1048; CIMBALIS”. A presenza dunha cruz con pedestal e tres cravos e unha marca de fábrica de Dionisio e Alonso complementan a súa iconografía.
A campá, que actualmente non ten badalo, presenta características distintivas, como arames internos que deixaron marcas e a presenza de plantas verdes no seu foso. A súa conservación requere un tratamento específico, sendo necesaria a súa reparación por soldadura ou substitución por outra campá de distinta afinación en caso de rotura.
|
|---|
Autors da documentación |
| Editor da ficha |
LLOP i BAYO, Francesc |
|---|
| Actualización |
29-03-2020 |
|---|
| 34 Fotos |
|---|