
Localització Torre das campás
Diàmetre (en cm) 129
Altura del bronze 109
Vora 13
Pes aproximat (en quilos) 1243
Fonedor DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA
Any fosa 1893
Descripció A campá leva unha breve inscrición na parte superior, difícil de documentar por numerosos defectos de fundición da campá: "... JULIAN ORAPRONOBIS" que pode traducirse como (SAN) XIAO ROGA POR NÓS.
No medio exterior hai unha cruz con pedestal - dous cirios no pedestal cunha pequena custodia nun extremo e Santa Bárbara no outro.
No medio interior hai unha curiosa variación das famosas características das campás: "CIMBALUM - QUE / POPULUM VOCO / CONGREGO CLERO / NIMBUM FUGO / DEFUNCTOS PLORO / E FESTAS QUE HONORO"
O habitual é escribir "POPULUM VOCO CONGREGO CLERO NIMBUM FUGO DEFUNCTOS PLORO FESTAS DECORO"
A expresión QUE en latín vai unida á palabra anterior e significa "E" polo que carece de sentido ao principio da frase latina "CIMBALUMQUE", pois significaría E AS CAMPÁS e é innecesaria ao final, sobre todo tras engadir E (que non é latín). Unha tradución posible sería (COMO) AS CAMPÁS, CHAMO AO POBO, CONGREGO AO CLERO, AFASTO TORMENTAS, CHORO DEFUNTOS E HONRO AS FESTAS.
Finalmente na parte inferior pon "JUAN MA DELA SOTA DE LUGO LAHÎZO SÎENDO RECTOR EL L # D # ANÎCETO LUÎS PÎNAQUE # Y ALCALDE" / "D # RÎCARDO GONZALEZ CAL EN 1893" que deberon escribir JUAN MARÍA DE LA SOTA DE LUGO LA HIZO SIENDO RECTOR EL LICENCIADO DON ANICETO LUIS PINAQUE Y ALCALDE DON RICARDO GONZALEZ CAL EN 1893.
Na inscrición as íes levan acuse, característica moi pouco usual nas campás.
Terç (T) (2 cordóns) /
"... JULIAN ORAPRONOBIS" /
(2 cordóns) /
(grinalda de triángulos investidos)
Mig (M) (00) (cruz con pedestal - dous cirios no pedestal cunha pequena custodia nun extremo e Santa Bárbara no outro)
(06) "CIMBALUM - QUE / POPULUM VOCO / CONGREGO CLERO / NIMBUM FUGO / DEFUNCTOS PLORO" /
(3 cordóns) /
(06) "E FESTAS QUE HONORO"
Mig peu (MP) "JUAN MA DELA SOTA DE LUGO LAHÎZO SÎENDO RECTOR EL L # D # ANÎCETO LUÎS PÎNAQUE # Y ALCALDE" /
(cordón) /
"D # RÎCARDO GONZALEZ CAL EN 1893"
(3 cordóns)
Prima Reb 4 +17
Hum Re 3 -45
Tercera Fa 4 -11
Quinta Sol 4 +41
Octava Mib 5 -45
Tocs tradicionals de campanes Probablemente repique cunha soga desde o pé da torre e repique tamén con soga desde a mesma sala de campás
Tocs actuals de campanes Repique con soga desde a mesma sala de campás
Truja Madeira
Estat original Probablemente o contrapeso de madeira sexa anterior á campá existente.
Estat anterior De la Sota en 1892 fixo o esquilón (Pequena) e a maior. A pequena déronlle o visto bó pero, a maior non, e tivo que volver a refundila. Rematou co traballo xa entrado en 1893 dándolle esta vez o visto bo. (TROIANO, Xosé - Comunicación personal 21-05-2021)
Estat actual Numerosos defectos de fundición que mesmo cobren parte da inscrición superior.
O badalo é de grandes dimensións, característico de campá fixa. Punto de percusión moi amplio.
O badalo está un pouco caído, e bate na parte alta da bola (con perigo de rotura).
Hai unha cuña para bloquear o movemento da campá
Mecanismes de toc Corda ao badalo que chega ao pé da torre
Actuacions urgents Debe volverse a atar o badalo para que pegue no seu punto.
Propostes A campá debe ser limpada, por dentro e por fóra, para recuperar a sonoridade orixinal, mediante chorro de area húmida.
Debe restaurarse o contrapeso de madeira, pola súa conservación e estabilidade, aínda que tendo en conta que a campá debe permanecer inmóbil.
A campá debe repicar. Sería conveniente que o mecanismo tirase do propio badalo, mediante unha instalación electromecánica ou hidráulica, que permitise unha gran velocidade de resposta, para reproducir os toques orixinais e non impedir os posibles toques manuais.
Valoració Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura tras a súa documentación.
Instal·lació A instalación é orixinal e debe ser conservada para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor de la fitxa LLOP i BAYO, Francesc
Actualització 21-05-2021