
 | | Localización |
Estrutura de forxa no tellado |
|---|
| Diámetro (en cm) |
50 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
72 |
|---|
| Fundidor | DE LA VEGA OTERO, FRANCISCO ANTONIO (VALLE DE HOZ, CANTABRIA) |
|---|
| Ano de fundición |
1728 |
|---|
| Descricion |
A campá presenta unha soa inscripción, en tres niveles: "IHSMARIA ✱ IJOSEPH ✱ ANODE ✱ 1 7 2 8 ✱ ✱ " / " ✱ SANCTA MARIA MAIOR ORA PRO NO BIS ✱ " / " ✱ VEGA ME FECIT ✱ " que deberon escribir "IHS MARIA ET JOSEPH. ANNO DE 1728. SANCTA MARIA MAIOR ORA PRO NOBIS. VEGA ME FECIT". que se traduce como JESÚS, MARÍA E JOSE. ANO DE 1728. SANTA MARÍA A MAIOR ROGA POR NÓS. FÍXOME VEIGA.
Como apuntamos noutras campás desta catedral, o anagrama de Jesús, que deberon escribir "IHΣ", corresponde á abreviatura de IHΣYΣ, e escríbese usualmente como IHS. Outra variante JHS procedería do latín, aínda que a segunda letra é o Eta ou E longa grega. Foi introducido como devoción por San Bernardino de Siena. O seu significado é polivalente: para uns é o inicio do nome de Jesús en grego, para outros son as siglas latinas de IESVS HOMO SALVATOR (JESÚS SALVADOR DO HOME).
A invocación á Sagrada Familia é habitual en campás do século XVIII, e constitúe unha frase común, a miúdo seguida do nome real da campá. Algúns fundidores seguen utilizando estes tres nomees como inicio da epigrafía nos nosos días.
A invocación a Santa María a Maior procede das letanías.
A utilización do "1" na data é moi temprana, como apuntamos noutras campás.
Finalmente VEIGA é un fundidor, quizais asociado a un reloxeiro, do que coñecemos ata o momento únicamente outra campá, precisamente a dos cuartos da Catedral de Tui. Hai que recordar que os reloxos antigos soamente posuían unha campá das horas, e en moitos casos carecían de mostra ou esfera, actuando soamente sobre a campá. Cando se aplica o péndulo, inventado a principios do XVII, pero que chega aos nosos reloxos a principios do XVIII, os reloxos gañan tanto en exactitude que xa poden marcar os cuartos con certa seguridade; é entón cando se funden a maioría destas campás menores.
No medio da campá hai, por unha banda, unha cruz de calvario con tres clavos e unha vela a cada lado do pedestal. Polo outro lado hai tres imaxes superpuestas, é dicir unha encima da outra: unha Virxe, unha custodia, e finalmente un busto de Santa Bárbara, onde di "BARBARA".
Algúns detalles da campá, incluso as dimensións, non foron documentados, polo difícil acceso á mesma. |
|---|
| Terzo (T) |
(Cordón) /
"IHSMARIA ✱ IJOSEPH ✱ ANODE ✱ 1 7 2 8 ✱ ✱ " |
|---|
| Medio (M) |
(00) (Cruz de calvario con tres cravos e una vela a cada lado)
(06) (Virxe) / (Custodia) / (Santa Bárbara) "BARBARA" |
|---|
| Medio pé (MP) |
(2 cordóns) /
" ✱ SANCTA MARIA MAIOR ORA PRO NO BIS ✱ " /
(2 cordóns) /
(Marca de fábrica) " ✱ VEGA ME FECIT ✱ " |
|---|
| Prima |
Reb 5 -24 |
|---|
| Hum |
Fa 4 -31 |
|---|
| Terceira |
Fa# 5 +49 |
|---|
| Quinta |
La 5 +19 |
|---|
| Oitava |
Mib 6 -07 |
|---|
| Toques tradicionais de campás |
Cuartos do reloxo |
|---|
| Toques actuais de campás |
Non se toca |
|---|
| Cepo |
Estrutura de ferro forxado |
|---|
| Estado anterior |
Descoñecemos onde estaba situada esta campá. Nunha fotografía da catedral de 1961 neste lugar atópase a gran campá das horas, co mesmo mazo exterior de grandes dimensións que aínda se conserva. |
|---|
| Estado actual |
A campá non ten badalo, como é habitual nas campás de reloxo. O mazo, propio da campá das horas, tampouco está conectado a ningún mecanismo. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Mazo exterior por gravidade |
|---|
| Propostas |
A campá debe ser limpada, por dentro e por fóra, para recuperar a sonoridad orixinal.
De xeito simbólico, por historia ou por acústica, é inadmisible que as campás litúrgicas, que teñen unha función propia, soen os cuartos e as horas do reloxo.
Deben ser as campás do reloxo, restauradas e situadas na súa estrutura metálica, unha encima da outra (a máis aguda e menos pesada encima) as que deben tocar, polo menos durante o día cuartos e horas. Tamén sería recomendable que o fixesen de noite como noutras catedrais galegas (Santiago, Mondoñedo), aínda que a desaparición do reloxo mecánico xustifica difícilmente esta opción.
Na medida do posible, e do recomendable, ambas campás deben tocar por mazos externos por gravidade e non por electromazos ou similares.
O razoable sería tocar cuartos e horas (sen repetición) desde as oito da mañá ás doce da noite, e as horas e un golpe da campá de cuartos á media desde as doce e media ata as sete e media da mañá.
De ningún modo deben dotarse estas campás de badalos, nin deben nin poden participar noutros toques que non sexan os do reloxo. |
|---|
| Protección |
Protección genérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para incluír a campá e a instalación orixinal no Inventario Xeral de Bens Mobles, debido ao interese do conxunto. |
|---|
| Valoración |
En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades e reproducir os toques tradicionais. |
|---|
| Observacións |
Medidas aproximadas - Durante a documentación da campá esquecemos medila |
|---|
| Descrición (xerada por Ollama - IA local) |
A campá Campá dos cuartos da Catedral de San Martiño en Ourense, fundida en 1728 por Francisco Antonio de la Vega Otero (Valle de Hozo, CANTABRIA), presenta características patrimoniais singulares. A súa inscrición, "IHSMARIA ✱ IJOSEPH ✱ ANODE ✱ 1 7 2 8 ✱ ✱ ", identifica a campá como unha cruz de calvario con tres cravos e unha vela, e reflicte a devoción á Virxe e a Santa Bárbara.
A campá, que non conta con badalo (como é habitual nas campás de reloxo) nin mazo conectado a ningún mecanismo, só pode ser reparada por soldadura. A marca de fábrica, "VEGA ME FECIT", subliña a autoría do fundidor. A campá é substituíbel por outra de distinta afinación, evidenciando a súa natureza como obxecto de conservación e posible reparación.
|
|---|
Autors da documentación- ÁLVARO MUÑOZ, Mari Carmen; LLOP i BAYO, Francesc (09-09-2006)
| | Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
10-11-2023 |
|---|
| 55 Fotos |
|---|
|