Inventario de campás
Igrexa de Santo Estevo de Oca - A ESTRADA
Referencia 12112
Lugar de Oca de Arriba, s/n.
36685 A ESTRADA
Municipio A ESTRADA
Comunidade Autónoma / Departamento / Estado GALICIA
Referencia 12112
Lugar de Oca de Arriba, s/n.
36685 A ESTRADA
Municipio A ESTRADA
Comunidade Autónoma / Departamento / Estado GALICIA


Data de construción Séculos XIII e XVIII.
Descricion Igrexa románica do século XIII que presenta unha soa nave cunha capela e unha sancritía engadidas posteriormente. Ten unha ábsida semicircular unida a un tramo rectangular do presbiterio con semicolumnas adousadas con capiteis de ornamentación estilizada e canzorriños típicos da época. Destaca unha fermosa cruz cumial no testeiro que sobresae por riba do teito da nave.
Esta igrexa foi modificada en parte no ano 1769, como se pode ollar no exterior no entorno da súa fachada. Con respecto a esta, presenta un corpo flanqueado por dúas columnas nos seus estremos que sobresaen do plano da fachada. A súa porta rectangular e remarcada cunha fornela sobre o ingreso e unha xanela rectangular que dá luz ó interior. Unha esvelta torre cuadrangular de catro ocos en arco de medio punto e rematada por unha lanterna cun pináculo e cruz de forxa, flanqueado por catro pináculos con bóla.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 13-01-2023
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| FERRO PEGO, Luis & TROIANO CARRIL, Xosé | Campás e campaneiros da Estrada | 2023 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Campá maior (2) | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1940 | 0.00 | |
| Torre-campanario | Campá menor (1) | LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO) | 1904 | 100.00 | 579 |