| Descricion |
Sinxela igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural abundante na bisbarra. Planta rectangular cunha soa nave, pequena sancristía e presbiterio. No interior, sinxeleza, sobriedade e escasa iluminación. No exterior, muros de cachotería revestida e caleada, a excepción das pezas graníticas á vista dos esquinais e recercado dos vans. Cuberta de tella curva a dúas augas. Volumetría simple. A fachada principal está organizada nun só corpo e composta por porta rectangular, rematada con decoración de orelleiras, pequena fornela con imaxe relixiosa e oco circular para a iluminación con decoración similar á da porta. Sobre a cornixa, sobresae a espadaña de dous corpos, rematada por pináculos con bólas. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorTROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (12-09-2023) www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (13-09-2023) |
|