
| Descricion |
Capela dunha soa nave rectangular e capela maior rectangular de menor altura e máis estreita ca nave. A sancristía está apegada ao muro sur da capela maior. Todas elas teitadas a dúas augas. No interior, a capela maior con bóveda de canón e separada da nave principal cun arco triunfal lixeiramente apuntado montado sobre pilastras.
A fachada, de trazado moi simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso arco de medio puntor adovelada. Sobre o ingreso vai unha pequena fornela na que se sitúa a imaxe do santo. Rompendo o vértice do pentágono unha pequena base para unha espadana formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares moldurados e serve pra aloxa-la campá fundida no ano 1959 polos Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). |
---|
Campás |
1 campá. |
---|
AutorFERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (Campás e reloxos monumentais de Galicia, FACEBOOK) (27-11-2023) RODRÍGUEZ SERANTES, María & ALONSO DE DIOS, Alberto [https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-salnes/sanxenxo/capillaarra/] (04-12-2023) |
|