| Descricion |
Edificación de época barroca feita en perpiaño granítico labrado e escuadrado, con planta rectangular e cuberta a dúas augas con pináculos nos extremos.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso alintelada, unha pequena fornela coa imaxe da patroa e un ocelo. O conxunto remata cunha torre campanario en posición central.
As referencias bibliográficas máis antigas (do ano 1217) falan da existencia dunha edificación anterior de estilo románico. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorFRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (09-01-2019) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (22-08-2024) |
|