

| | Descricion |
Edificación feita no ano 1900 a base de perpiaño granítico, con planta de cruz latina dunha soa nave e cuberta a dúas augas.
A fachada principal posúe porta de aceso enmarcada. Por riba dela unha pequena fiestra. A continuación un frontón con ocelo. O conxunto remata nunha torre campanario con dúss partes, a primeira con planta cadrada e a segunda octogonal.
O interior presenta bóveda de canón e capela maior rectangular.
No interior da ermida custódiase unha reliquia dun oso da man de San Bieito. A este santo atribuenselle dotes curativos para problemas dermatolóxicos.
Conta a lenda que hai moito tempo, houbo unha gran seca en Meaño. A fame empezaba a asomar nas casas, xa que as hortas estaban secas e o gando morría porque non atopaban alimento nos campos áridos. Todos pedían ao ceo que empezase a chover, pero non caía unha pinga.
Ata que un día un pastor moi preocupado polo seu gando, rompeu a rezar a San Benito. Entón o santo aparecéuselle e, dándolle a súa vara, díxolle. “Alí onde decidas cravar esta vara comezará a manar unha fonte de augas claras de onde poderedes beber ti e os teus bois, os teus veciños e todas estas terras. A cambio deberás agradecer ao Señor este agasallo levantando un templo na súa honra”. O pastor cravou entón a vara e ocorreu o que San Benito prometera: empezou a brotar auga que discorreu por todo o lugar, poñendo fin á terrible seca.
E, tal como San Benito pediulle, o pastor construíu unha ermida. Fíxoa a base de barro e auga da zona, pero esta non tardou máis dunha noite en vir abaixo. Dúas veces máis tentou o pastor levantar a ermida cos mesmos materiais, e dúas veces máis obtivo o mesmo resultado. Entón, o santo volveu aparecer e reclamoulle ao pastor unha construción máis sólida. Así foi, aínda que a igrexa orixinal (máis modesta), non é a que se atopa na actualidade.
Miles de fieis renovan cada ano a súa devoción polo San Benito de Lores sobindo á capela en romaría. Algúns acoden buscando a cura para as súas doenzas ou para cumprir algunha promesa que lle fixeron ao santo durante o ano.
|
|---|
| Campás |
4 campás (3 na torre-campanario e 1 no campanil traseiro). |
|---|
| AutorFRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (19-03-2018) COUSAS DE REVISTA [https://www.cousasde.com/a-lenda-da-ermida-de-pedra-e-a-fonte-santa-de-lores-meano/] (03-12-2023) BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (29-08-2024) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (07-09-2024) |
|