

| | Data de construción |
Século XII. |
|---|
| Descricion |
A pesar do seu carácter de igrexa rural, ligada ao veciño pazo de Sobrán, destaca a amplitude da súa única nave, que se divide en tres compartimentos por medio dos seus correspondentes arcos transversais, os cales, á súa vez, sosteñen unha espléndida bóveda semicircular. Nun nicho aberto nun lateral áchase a estatua de Xoán Mariño, fundador de Vilaxoán.
Os grosos muros da igrexa de Sobrán ven interrompidos por uns vans que, como a igrexa no seu conxunto, resultan un paradigma da arte románica: abertura en forma de seteira, arco de medio punto, arquivoltas e unha coidada ornamentación dos capiteis. É preciso chamar a atención sobre o denominado xadrezado, a decoración xeométrica que contorna as xanelas e que referendan o influxo da Catedral de Santiago e das peregrinacións que ata ela se dirixían.
A fachada non presenta o seu aspecto orixinal, xa que, por unha banda, perdeu o trazado de pedra que dividía o rosetón central, e, por outro, carece tamén da figura ecuestre de San Martín, patrón da parroquia, que ata finais do século XIX presidía o conxunto.
Un último aspecto a destacar é a ábsida, non só polas súas xanelas, cuxas características quedan expostas, senón polos canzorros –pequenas pezas esculpidas que sosteñen a cornixa- nos que o artista daba renda solta ao súa imaxínación, como o demostra a postura cando menos pouco respectuosa que, para tratarse dun templo, adopta algunha figura. |
|---|
| Campás |
3 campás. |
|---|
| AutorVIEITES PAZ, Rogelio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (22-04-2025) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (22-04-2025) www.turismo.gal (Xunta de Galicia) [https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5091/igrexa-de-san-martin-de-sobran?langId=gl_ES&ctre=31&tp=8] (27-04-2025) |
|