

| | Descricion |
O templo orixinal levantado no románico en San Tomé de Nogueira tiña planta de nave rectangular ca ábsida da mesma forma, pero as transformacións ás que foi sometida esta igrexa durante os séculos posteriores, sobre todo no XVIII e o XIX, acabáronlle dando unha forma de planta de cruz latina coa sancristía adousada no ángulo sureste. Da súa factura orixinal consérvase a ábsida.
A separación da ábsida con respecto á nave ábrese mediante un arco triunfal de medio punto con arista viva e que se apoia sobre dúas columnas entregas e motivos vexetais nos seus capiteis. Atendendo ó estilo do arco triunfal, os historiadores datan as oríxes do templo en torno ó ano 1170. A cuberta da ábsida é de bóveda de canón.
A fachada actual do edificio non se corresponde tampuoco coa orixinal e englóbase dentro dun estilo barroco bastante austero e con pouco que destacar. A fachada remata nun frontón cunha espadana de dobre oco e unha cruz coroando o pico sobre un pináculo. A cuberta de todo o edificio é de tella a dúas augas.
A beleza está no interior
Desde o punto de vista artístico aa verdadeira beleza do templo da igrexa de San Tomé de Nogueira atopámola si cruzamos o umbral da porta. O elemento máis destacado e significativo do templo non pertence ó románico, senón que é unha colección de pinturas góticas do século XVI.
Estas pinturas representan diferentes imaxes bíblicas. No centro da ábsida vemos a imaxe da Anunciación, ó lado da Epístola está a imaxe da Adoración dos Reis Magos e ó lado do Evanxeo atópase a imaxe do nacemento do Neno Xesús. Hai outra pintura na bóveda da igrexa na que vemos un sol e unha lúa. |
|---|
| Campás |
2 campás |
|---|
| AutorTROIANO CARRIL, Xosé & VIEITES PAZ, Rogelio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (26-06-2025) www.paxinasgalegas.es [https://www.paxinasgalegas.es/fiestas/iglesia-de-santo-tome-de-nogueira-meis-20721.html] (07-07-2025) |
|