Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Besomaño - RIBADUMIA (GALICIA)

(Referencia: 15022)
Rúa Rial, 7.
36636 RIBADUMIA


Descricion A igrexa foi totalmente reedificada no século XVIII, momento no que engadiron a sancristía e a capela do muro septentrional, mantendo a antiga planta de nave e ábsida rectangulares. Engadido do século XX é a bóveda de cemento da nave que debeu de sustituir ó primitivo teitume de madeira, mentres ca ábsida conserva, aínda que modificada, a cuberta abovedada de sillares de granito. Posterior á fábrica medieval tamén debe de ser a curiosa torreta circular de acceso ó campanario do ángulo noroccidental da fachada.
No exterior do edificio os erosionados restos románicos concéntranse no aleiro septentrional da nave, que conserva oito canzorriños de proa e en nacela, e na meridional da ábsida, atopamos un pequeno tramo de cobixa en chaflán recto liso. Os seis canzorriños deste paramento, dende o extremo occidental, son de proa, en nacela con decoración de festoneado, de cabeza de bóvido, un home levándose as mans ás meixelas, representación relativa á ira, o quinto está totalmente rozado e o sexto presenta planos superpostos con dúas baquetillas.
No interior da igrexa os únicos elementos destacables son o profundo arco cego do paramento septentrional da nave, o arco triunfal e a bóveda da ábsida, todos moi deformados. O arco é lixeiramente apuntado e carga sobre un ábaco de chaflán recto liso que se imposta pola parte frontal do muro e os paramentos interiores da ábsida, marcando o arranque da bóveda de canón, que en orixe tamén debeu de ser apuntada.
O tipo de figuración dos aleiros e o arco triunfal fainos pensar en unha construción do último cuarto do século XII ou principios do XIII.
Campás 2 campás.
Autor
  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé (Campás e reloxos monumentais de Galicia, Facebook). (04-11-2025)
  • www.romanicodigital.com [https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/pontevedra_Besoma%C3%B1o.pdf] (09-11-2025)
  • 3 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 09-11-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19455072
    Torre-campanarioMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)19515596

  • Ficha reducida (PDF)
  • RIBADUMIA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 08-03-2026

    Connectats: 218 Visitants: 218 Usuaris: 0