Inventario de campás
Igrexa de San Miguel de Bacurín - LUGO (GALICIA)
Referencia 15750
Lugar de Bacurín, 15.
27232 LUGO
Referencia 15750
Lugar de Bacurín, 15.
27232 LUGO


Data de construción Século XII.
Descricion Igrexa románica do século XII feita a base de perpiaño granítico, con planta rectangular dunha soa nave e con cuberta de lousa a dúas augas. Posúe unha ábsida semicircular na que destacan os seus 16 canzorros de época románica que representan carneiros, lobos e esceas eróticas, entre outras.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso abuguinada con tres arquivoltas e decoración axedrezada apoiadas sobre columnas con capiteis corintios e decoración vexetal. Por riba da porta un pequeno ocelo con derrame interno. O conxunto remata nunha espadana de dous vans con arcos de medio punto e remate en pináculos laterais e cruz.
A igrexa posúe unha porta lateral abuguinada con dúas arquivoltas, arco axedrezado e tímpano bilobulado.
Xa por último destacar a ventá da ábsida, abocinada e cun arco de medio punto con decoración axedrezada e columnas decoradas con motivos vexetais.
No interior da igrexa destaca o seu retablo maior dos séculos XVII e XVIII cunha imaxe barroca de San Miguel.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 01-09-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA | 1888 | 60.00 | 125 |
| Espadana | Maior. | ANÓNIMO (GALICIA) | 1863 | 65.00 | 159 |