Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1902 por José Liste Villanueva en Orazo (A Estrada, Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Terzo (T)
2 cordóns / IHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1902 ѧ / 2 cordóns.
Medio (M)
Cruz cun pedestal de catro chanzos. Pasa un cordón pola metade da stipes.
Medio pé (MP)
2 cordóns / ѧ FUͶDIDA POR J. LISTE EͶ ORAZO ѧ / 1 cordón.
Campá maior pendurada no oco dereito da espadana. Fundida en 1951 pola Casa Cabrillo en Salamanca. Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.
Terzo (T)
3 cordóns
Medio (M)
Cruz e no lado contrario sinete coa inscrición: "GRAN FUNDICION DE CAMPANAS / -CASA CABRILLO- / METALES SUPERIORES / SALAMANCA". / SANTA MARIA DE DODRO AÑO DE 1951.
Medio pé (MP)
5 cordóns.
Cepo
De madeira.
Mecanismos de toque
Combinación de badalo con cadea e electro-mazo interior.