Igrexa de San Pedro de Corneda - BOIMORTO (GALICIA)

Igrexa de San Pedro de Corneda - BOIMORTO GALICIA

Campás actuais

Campá

(Referencia 19218)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 50

Peso aproximado (en quilogramos) 72

Fundidor PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)

Ano de fundición 1861

Descricion Campá de San Pedro de Corneda (Boimorto, A Coruña). Fundida en 1861 por Palacio e Liste en Orazo (A Estrada, Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
IHS Mᴬ Y JOSE AͶO D 1861 ѧ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de dous chanzos, brazos con remates a modo de lanceolada e con decoración xeométrica e estrelas de oito puntas.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
ѧ PALACIO Y LISTE EͶ ORAZO ѧ /
2 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (04-08-2022)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 22-10-2023


8 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)