| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
50 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
72 |
|---|
| Fundidor | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) |
|---|
| Ano de fundición |
1939 |
|---|
| Descricion |
Campá meneor pendurada do oco esquerdo. Fundida en 1939 polos Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro. |
|---|
| Terzo (T) |
Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1939 /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. O pedestal está flanqueado por dous cirios. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen polo comezo da stipes. |
|---|
| Medio pé (MP) |
4 cordóns. |
|---|
| Pé |
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA". |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Electro-mazo interior. |
|---|
| Valoración |
Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- FRANCO BARROS, Óscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (06-01-2021)
- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (08-01-2021)
- CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (28-01-2025)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
05-10-2025 |
|---|
| 2 Fotos |
|---|