Igrexa de Santa María de Trasmonte - AMES GALICIA
Campás actuais
Menor.
(Referencia 19584)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 85
Peso aproximado (en quilogramos) 356
Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1925
Descricion Campá menor pendurada no oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1925 polos Ocampo Campaneiros en Arcos da Condesa (Caldas de Reis, Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 85 cm.
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1925 /
2 cordóns.
Medio (M) Cruz cun pedestal de 5 chanzos feitas a base de selos con 4 estrelas no seu interior. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón cingue pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Pé Sinete rectangular coa inscrición: FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 21-09-2022
Maior.
(Referencia 19583)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 90
Peso aproximado (en quilogramos) 422
Fundidor LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)
Ano de fundición 1884
Descricion Campá maior pendurada no oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1884 por Juan Liste Pereiras en Orazo (A Estrada, Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 90 cm.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS Mᴬ Y JOSE AͶO D. 1884 ѧ /
2 cordóns.
Medio (M) Cruz cun pedestal de 5 chanzos feitos a base de selos con decoración vexetal (pétalos). Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Un cordón cingue pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
ѧ LISTE EͶ ORAZO ѧ /
2 cordóns
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo sen ningunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 21-09-2022