| Localización |
Torre-campanario |
|---|
| Diámetro (en cm) |
60 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
125 |
|---|
| Fundidor | CAGIGAL PEREDO, JOAQUÍN DE |
|---|
| Ano de fundición |
1824 |
|---|
| Descricion |
Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1824 polo mestre fundidor compostelán, Joaquín de Cagigal. Ten unha medida estimada duns 60 cm. |
|---|
| Terzo (T) |
2 cordóns /
IHS ⁎ MARIA ⁎ Y JOSE ⁎ SANTA ⁎ BARBARA ANO ⁎ 1824 /
2 cordóns |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz con pedestal de 6 chanzos feitas a base de selos cadrados con decoración de pétalos no seu interior. Flanqueado por dous cirios. Os brazos da cruz teñen remates a modo de potenzada. Tres cravos saen da cruz; un da base da stipes e dous nos estremos do patibulum. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cunha corda. |
|---|
| Valoración |
Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais co mazo exterior. |
|---|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
01-11-2022 |
|---|
| 4 Fotos |
|---|