| Localización |
Espadana |
|---|
| Fundidor | TABOADA, JESÚS (MONEIXAS) |
|---|
| Ano de fundición |
1921 |
|---|
| Descricion |
Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1921 por Jesús Taboada en Moneixas (Lalín, Pontevedra). |
|---|
| Terzo (T) |
1 cordón /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1921 /
1 cordón. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con catro estrelas no seu interior. Os brazos teñen remates flamexados e cinguido por un cordón. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes. |
|---|
| Medio pé (MP) |
1 cordón /
POR TABOADA SIENDO CURA Dᴺ .... GIL ⁑ /
1 cordón |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
badalo cunha cadea. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais con o mazo exterior. |
|---|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
26-09-2023 |
|---|
| 5 Fotos |
|---|