Igrexa de Santo Estevo de Anllo - SOBER (GALICIA)

Igrexa de Santo Estevo de Anllo - SOBER GALICIA

Campás desaparecidas

Maior.

(Referencia 20330)

Localización Espadana

Peso real (en quilogramos) 86

Fundidor CAGIGAL PEREDO, ANTONIO

Ano de fundición 1782

Descricion En 1782 fixo unha campá que pesou 7 arrobas e 14 libras (86 kg.). Campá desaparecida.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 15-02-2023


  • Ficha reducida (PDF)
  • Campás actuais

    Maior.

    (Referencia 20326)


    Localización Espadana

    Fundidor BLANCO FERNÁNDEZ, JENARO

    Ano de fundición 1895

    Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1895 por Jenaro Blanco Fernández en Monforte de Lemos (Lugo). Ten unha inscrición en latín moi usada polos fundidores cántabros: LAUDO DEO VERUM, POPULUM VOCO, CONGREGO CLERUM, DEFUNTUM PLORO, PESTEN FUGO, FESTA DECOR (Exalto ao Deus verdadeiro, convoco ao pobo, congrego ao clero, polos defuntos choro, as pestes disolvo e as festas aledo).

    Terzo (T) 2 cordóns /
    Inscrición /
    2 cordóns.

    Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de 6 chanzos feitos a base de selos cadrados con 4 estrelas no seu interior. Reforzada no seu eixo e os brazos rematan de forma flamexada. No lado oposto unha inscrición: + / JESUS / ANNO DE 1895 / LAUDO DEO VERUM, / POPULUM VOCO, CONGREGO / CLERUM, DEFUNTUM PLORO, / PESTEN FUGO, FESTA DECOR / BLANCO ME FECIT.

    Medio pé (MP) 2 cordóns.

    Cepo Xugo de madeira.

    Mecanismos de toque Badalo sen ningunha corda

    Valoración Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura trala súa documentación.

    Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

    Autors da documentación

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 15-02-2023


    3 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Menor.

    (Referencia 20329)


    Localización Espadana

    Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)

    Ano de fundición 1921

    Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1921 polos Ocampo de Arcos da Condesa (Caaldas de Reis, Pontevedra).

    Terzo (T) Greca /
    2 cordóns /
    JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1921 /
    2 cordóns.

    Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de 4 chanzos feitos a base de selos cadrados con 4 estrelas no seu interior. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón cingue pola metade da stipes.

    Medio pé (MP) 4 cordóns.

    Sinete rectangular coa inscrición: FABRICADA POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA

    Cepo Xugo de madeira.

    Valoración Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura trala súa documentación.

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 15-02-2023


    4 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Ficha reducida (PDF)