Igrexa de San Mamede de Abalo - CATOIRA GALICIA

Campás actuais

Maior.

(Referencia 21606)

Localización Espadana
FundidorOCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1912
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1912 por Melchor Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra).
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1912 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de 5 chanzos feitos a base de selos con decoración interior de 4 estrelas. Os brazos teñen os remates flamexados. Tres cordóns cinguen a metade da stipes.
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR MELCHOR / OCAMPO EN ARCOS DE / CONDESA".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo e electro-mazo interior.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (17-07-2023)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 20-07-2023
5 Fotos

Mediana.

(Referencia 21607)

Localización Espadana
FundidorOCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1911
Descricion Campá mediana pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1911 por Melchor Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra).
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1911 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de 4 chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns finos cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto e na parte inferior presenta un sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR MELCHOR / OCAMPO EN ARCOS DE / CONDESA".
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo e electro-mazo interior.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (17-07-2023)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 20-07-2023
8 Fotos

Menor.

(Referencia 21609)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 40
Peso aproximado (en quilogramos) 37
FundidorRIVERA, CAMPANAS
Descricion Campá menor pendurada no oco superior central da espadana. Fundida por "Campanas Rivera" en Montehermoso, Cáceres. Non ten data. Ten unha medida estimada duns 40 cm de diámetro.
Terzo (T) 4 cordóns.
Medio (M) Greca triangular con decoración vexetal.
Cruz cun pedestal de 3 chanzos feitos a base de triángulos con decoración xeométrica.
No lado oposto presenta sinete ovalado coa inscrición: "RIVERA / ME FECIT / MONTEHERMOSO (CACERES) / ESPAÑA".
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Electro-mazo interior.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (17-07-2023)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 20-07-2023
8 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 05-12-2024

    Connectats: 42 Visitants: 41 Usuaris: 1 - francesc