Igrexa de Santo André de Proente - A MERCA GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 22914)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 55
Peso aproximado (en quilogramos) 96
FundidorCABRILLO, CASA (SALAMANCA)
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida pola "Casa Cabrillo" en Salamanca. Non puidemos ollar a data. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal.
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Pode refundirse en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 18-06-2024
1 Fotos

Maior.

(Referencia 22913)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 65
Peso aproximado (en quilogramos) 159
FundidorRUIZ
Ano de fundición 1858
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida por Ruiz en Castrelo do Val, Ourense. Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS ⚜ MARIA ⚜ y JOSE ⚜ ANO DE 1858 ⚜ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de 4 chanzos feitos a base de selos con decoración de catro estrelas de oito puntas flaqueado por dous cirios. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Enriba da stipes unha inscrición: INRI. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo de ferro.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (11-01-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 14-01-2024
1 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 12-06-2026

    Connectats: 68 Visitants: 68 Usuaris: 0