Igrexa de San Cibrao de A Vide - MONFORTE DE LEMOS GALICIA
Campás actuais
Menor.
(Referencia 22962)


Localización Espadana
Diámetro (en cm) 50
Peso aproximado (en quilogramos) 72
Fundidor BLANCO LEMOS, ANTONIO
Ano de fundición 1953
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1953 por Antonio Blanco en Monforte de Lemos, Lugo. Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE 1953 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Polo lado oposto presenta unha imaxe dunha Santa Bárbara e abaixo desta, o sinete coa inscrición: FUNDICION / DE / Antonio Blanco / MONFORTE.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autors da documentación
- MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (24-01-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 09-10-2025
Maior.
(Referencia 22961)


Localización Espadana
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
Fundidor BLANCO FERNÁNDEZ, JENARO
Ano de fundición 1870
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1870 por Jenaro Blanco en Monforte de Lemos, Lugo. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
SAN CIPRIANO DE VID ANO DE 1870 ѧ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal. Os brazos teñen remates lanceolados. Polo lado oposto presenta unha imaxe dunha Custodia.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
ES DEDICADA SIENDO CVRA ADNVT N DN CLAVDIO GVITIAN ENIVE...ROYIAN? DIAZ ѧ /
2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autors da documentación
- MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (24-01-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-11-2025