Igrexa de San Martiño de Forcarei - FORCAREI GALICIA
Campás actuais
Menor
(Referencia 23461)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 70
Peso aproximado (en quilogramos) 199
Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1925
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1925 polos Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra).Ten unha medida estimada duns 70 cm de diámetro.
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1925 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de seis chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón ancho cingue polo comezo da stipes.
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Pé Presenta un sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DA CONDESA".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autors da documentación
- FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (29-05-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 02-06-2024
Maior.
(Referencia 23460)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 90
Peso aproximado (en quilogramos) 422
Fundidor OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1898
Descricion Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1898 por Melchor Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten Unha mediida estimada duns 90 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1898 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
MELCHOR OCAMPO ME HIZO EN ARCOS DE LA CONDESA /
2 cordóns.
Pé 2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Autors da documentación
- FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (29-05-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 02-06-2024