Igrexa de San Lourenzo de Vilatuxe - LALÍN GALICIA

Campás actuais

Menor

(Referencia 24302)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 50
Peso aproximado (en quilogramos) 72
FundidorDE LA VEGA CAMPO, JUAN MANUEL (1743-1817)
Ano de fundición 1815
Descricion Campá menor pendurada do oco traseiro da torre-campanario. Fundida por Juan Manuel de la Vega en Santiago de Compostela (A Coruña). Ten unha medida estimada duns 50 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS Mᴬ ⁎ JPH ⁎ ⁎ ⁎ ⁎ 1815 ⁎ ⁎ ⁎ /
2 cordóns /
Greca.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados con decoración vexetal e de estrelas. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
SANCTUS DEUS SANCTUS FORTIS SANCTUS INMORTALIS MISERERE NOBIS ⁎ /
2 cordóns.
Cepo Xugo de ferro.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (21-09-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 29-09-2024
3 Fotos

Mediana

(Referencia 24301)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 65
Peso aproximado (en quilogramos) 159
FundidorANÓNIMO (GALICIA)
Descricion Campá mediana pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida por autor anónimo. Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1?24 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. Os brazos están feitos de rombos coa mesma decoración do pedestal. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo de ferro.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (21-09-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 29-09-2024
2 Fotos

Maior

(Referencia 24300)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 85
Peso aproximado (en quilogramos) 356
FundidorLISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)
Ano de fundición 1900ca
Descricion Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida arredor do 1900 por José Liste en Orazo, A Estrada (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 85 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS MARIA Y JOSE Sᴻ LORENZO DE VILATUXE /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal cos brazos rematados a modo de potenzada. Dous cordóns finos cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) ѧ FUͶDIDA POR J. LISTE EͶ ORAZO ѧ /
2 cordóns /
... D MANUELA GARCIA MAMOA SIENDO ... /
2 cordóns.
1 cordón fino.
Cepo Xugo de ferro.
Mecanismos de toque Combinación de badalo e martelo reloxeiro de ferro.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (21-09-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 29-09-2024
2 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2025)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 23-05-2025

    Connectats: 48 Visitants: 48 Usuaris: 0