(Referencia 24968)

Localización Campanil.
Diámetro (en cm) 40
Peso aproximado (en quilogramos) 37
Fundidor BLANCO LEMOS, ANTONIO
Ano de fundición 1961
Descricion Campá única pendurada do campanil da igrexa parroquial. Fundida en 1961 por Antonio Blanco en Monforte de Lemos (Lugo). Ten unha medida estimada duns 40 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE 1961 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. Os brazos teñen remates a modo de lanceolada no patibulum e remate en diamante na stipes.
No lado oposto presenta unha figura de Santa Bárbara.
Medio pé (MP) 3 cordóns /
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FUNDICION / DE / Antonio Blanco / MONFORTE".
Pé 1 cordón.
Cepo Xugo de madeira con panca lixeiramente curva cara arriba na dereita.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 12-12-2024
(Referencia 24970)

Localización Torre-campanario exenta.
Diámetro (en cm) 55
Altura do bronce 47
Peso aproximado (en quilogramos) 96
Fundidor MANCLÚS, SALVADOR
Ano de fundición 1959
Descricion Campá menor pendurada da torre-campanario exenta. Fundida en 1959 por Salvador Manclús en Valencia.
Terzo (T) 5 cordóns (3+2).
Medio (M) Presenta unha cruz latina radiante. Á súa dereita, sinete ovalado coa inscrición: "FUNDICION / DE / SALVADOR MANCLUS / C. INDUSTRIA, 27 / VALENCIA".
Á esquerda da cruz presenta unha figura de San Pedro?.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 1 cordón.
Cepo Xugo mixto de madeira e ferro.
Mecanismos de toque Electro-mazo interior.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 12-12-2024
(Referencia 24969)

Localización Torre-campanario exenta.
Diámetro (en cm) 74
Altura do bronce 62
Peso aproximado (en quilogramos) 235
Fundidor CAGIGAL PEREDO, JOAQUÍN DE
Ano de fundición 1796
Descricion Campá maior pendurada da torre-campanario exenta. Fundida en 1796 por Joaquín de Cagigal no Vilar, Pontedeume (A Coruña).
Terzo (T) 2 cordóns /
REGINA SACRATISSIMI ROSARIORA PRONOBIS HICIERONˢᴱ SIENDO ABAD Dᴺ JOSEF FERᴰᴱᶻ SERANTES ANO D1796 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal (pétalos). Os brazos teñen remates a modo de potenzada.
Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo mixto de madeira e pedra.
Mecanismos de toque Electro-mazo interior.
Valoración Debe ser incoado expedente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remprazarse por outra campá de distinta afinación.