Igrexa de San Cibrao de Chapa - SILLEDA GALICIA
Campás actuais
Menor
(Referencia 25016)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1919
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1919 polos Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1919 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen polo comenzo da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé Presenta sinetye rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA".
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Autors da documentación
- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (15-12-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 24-12-2024
Maior
(Referencia 25015)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 75
Peso aproximado (en quilogramos) 244
Fundidor OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1919
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1919 polos Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 75 cm de diámetro.
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1919 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen polo comenzo da stipes.
Medio pé (MP) 4 cordóns.