| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
60 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
125 |
|---|
| Fundidor | BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS) |
|---|
| Ano de fundición |
1933 |
|---|
| Descricion |
Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1933 por Gregorio Blanco en Monforte de Lemos, Lugo. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro. |
|---|
| Terzo (T) |
3 cordóns /
JHS Y MARIA ANO DE 1933 ⁑⁑ ⁑⁑ ⁑⁑ ⁑⁑ ⁑⁑ /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feita a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto e inferior presenta unha figura de Santa Bárbara. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns. |
|---|
| Pé |
Presenta un sinete coa inscrición: "Blanco Me hizo / MONFORTE" /
1 cordón. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cunha cadea. |
|---|
| Valoración |
Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (28-01-2025)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
25-04-2026 |
|---|
| 2 Fotos |
|---|