| Localización |
Torre-campanario |
|---|
| Diámetro (en cm) |
102 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
614 |
|---|
| Fundidor | MANCLÚS, SALVADOR |
|---|
| Ano de fundición |
1960 |
|---|
| Descricion |
Campa maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1960 por Salvador Manclús en Valencia. |
|---|
| Terzo (T) |
6 cordóns (3+3). |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Cabeza ladeada cara á esquerda cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado ó centro.
No lado oposto da cruz presenta unha longa inscrición: ""LOS FELIGRESES DE LA PARROQUIA DE BARRANTES, CON TODO EL FERVOR / DE SUS ALMAS Y AMOR DE SUS CORAZONES, TIENEN EL HONOR DEDEDICAR / ESTA NUEVA CAMPANA A LA MAYOR HONRA Y GLORIA DE LOS SAGRADOS CORAZONES / DE JESUS Y MARIA CUYAS MELODIAS PORTADORAS DE LA VOZ DE DIOS / QUE NOS LLAMA COMO PADRE AMOROSO ASUS HIJOS, PARA QUE ACUDAMOS / CON VIVA FE Y SANTO CELO A ESCUCHAR SU PALABRA DIVINA Y A FORTALECERNOS / CON LOS SANTOS SACRAMENTOS Y RECIBIR EL ROCIO DE LA LLUVIA / DE GRACIAS EN EL SANTO SACRIFICIO DE LA MISA. /
SAGRADO CORAZON DE JESUS EN VOS CONFIO /
DULCE CORAZON DE MARIA, SED LA SALVACION MIA /
15 DE JULIO DE 1960" (Un cordón fino cingue esta frase).
Á dereita da cruz presenta unha figura do Corazón de Xesús e á esquerda presenta o sinete do fundidor: "FUNDICION / DE / SALVADOR MANCLUS / C. INDUSTRIA, 27 / VALENCIA".
3 cordóns (2 grosos e 1 fino).
|
|---|
| Medio pé (MP) |
1 cordón groso /
Guirlanda con motivos relixiosos. |
|---|
| Pé |
1 cordón. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo e 2 electromazos interiores. |
|---|
| Valoración |
Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé & VIEITES PAZ, Rogelio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-04-2025)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
02-05-2025 |
|---|
| 6 Fotos |
|---|