| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
65 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
159 |
|---|
| Fundidor | RUIZ, JOSÉ |
|---|
| Descricion |
Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida por José Ruiz en Castrelo do Val (Ourense). Non puidemos olla-la súa data. Ten unha medida estimada duns 65 cm de diámetro. (Xirada 180º) Ten a imaxe da cruz cara dentro cando debía de estar mirando cara o adro, segundo a tradición. |
|---|
| Terzo (T) |
3 cordóns /
◀JHS▶ ◀JESUS▶ ◀Y▶ ◀MARIA▶ ◀ANO▶ ◀DE▶ ◀19??▶ /
2 cordóns /
greca triangular cos vértices cara abaixo. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos. No lado oposto figura da Virxe. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns. |
|---|
| Pé |
4 cordóns. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cun arame. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- MOURE, Xabier / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (13-05-2025)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
18-05-2025 |
|---|
| 2 Fotos |
|---|