Igrexa de San Fiz de Xesta - LALÍN (GALICIA)

Igrexa de San Fiz de Xesta - LALÍN GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 26071)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 50

Peso aproximado (en quilogramos) 72

Fundidor TABOADA, JESÚS (MONEIXAS)

Ano de fundición 1896

Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1896 por Jesús Taboada en Moneixas, Lalín (Pontevedra). Ten unha medida etimada duns 50 cm de diámetro.

Terzo (T) 1 cordón /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1896 ⁎ ⁑⁑ ⁑⁑ ⁑⁑ /
1 cordón.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen un pouco máis arriba do comezo da stipes e outro cordón cingue xusto por debaixo da cruceta, a ras do patibulum.

Medio pé (MP) 2 cordóns

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (10-08-2025)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 15-08-2025


9 Fotos

Maior.

(Referencia 26072)


Localización Espadana

Diámetro (en cm) 60

Peso aproximado (en quilogramos) 125

Fundidor TABOADA, JESÚS (MONEIXAS)

Ano de fundición 1896

Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1896 por Jesús Taboada en Moneixas, Lalín (Pontevedra). Ten unha medida etimada duns 60 cm de diámetro.

Terzo (T) 1 cordón /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1896 ⁎ ⁎⁎ ⁎⁎ ⁎⁎ ⁎⁎ ⁎ /
1 cordón.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen un pouco máis arriba do comezo da stipes e outro cordón cingue xusto por debaixo da cruceta, a ras do patibulum.

Medio pé (MP) 1 cordón /
NOS HIZO JESUS TABOADA EN MONEIJAS ⁎ ⁎⁎ ⁎⁎ ⁎⁎ ⁎⁎ ⁎⁎ /
1 cordón.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.

Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (10-08-2025)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 15-08-2025


8 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)