Igrexa de San Clemente de Sisán - RIBADUMIA (GALICIA)

Igrexa de San Clemente de Sisán - RIBADUMIA GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 26357)


Localización Torre-campanario.

Diámetro (en cm) 60

Peso aproximado (en quilogramos) 125

Fundidor ANÓNIMO (GALICIA)

Ano de fundición 1787

Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1787 por autor anónimo. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.

Terzo (T) 2 cordóns /
SAN ... ORAPRONOBIS ✱ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. Os brazos teñen remates a modo de potenzada.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
SDO ABBᴰ Dᴺ ... ... ANO DE 1787.

2 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Combinación de badalo e dous electro-mazos interiores.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (28-10-2025)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 30-10-2025


3 Fotos

Maior.

(Referencia 26356)


Localización Torre-campanario.

Diámetro (en cm) 75

Peso aproximado (en quilogramos) 244

Fundidor OCAMPO, MELCHOR; OCAMPO JOSÉ

Ano de fundición 1892

Descricion Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1892 polos irmáns Melchor e José Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 75 cm de diámetro.

Hombreiro (H) 2 cordóns.

Terzo (T) 2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1892 ❖ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 4 cordóns (2+2).

Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADA POR MELCHOR / OCAMPO EN ARCOS DE / LA CONDESA Cº S. ERMº. JOSE" /
2 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Combinación de badalo e dous electro-mazos interiores.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • CARRERA, Anxo & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (28-10-2025)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 30-10-2025


4 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)