(Referencia 26374)


Localización Espadana
Diámetro (en cm) 55
Peso aproximado (en quilogramos) 96
Fundidor ANÓNIMO (GALICIA)
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida por autor anónimo. Non puidemos olla-la data. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Terzo (T) 1 cordón /
(JHS MARIA Y) JOSEPH ANO DE 17?? ME FEZIT /
2 cordóns /
greca.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de seis puntas. Os brazos teñen remates de tres illas. Flanqueando ó pedestal dous cirios. Tres cravos rectos saen dos paos da cruz significando que Cristo está crucificado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns /
Cepo Non ten. Pendurada no eixo varón.
Estado actual Conservación moi mala. O seu xugo está desaparecido e a campá está ladeada cara o pilar central.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-11-2025
(Referencia 26373)


Localización Espadana
Diámetro (en cm) 65
Peso aproximado (en quilogramos) 159
Fundidor DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida por Juan María de la Sota en Lugo. Non puidemos olla-la data. Ten unha medida estimada duns 65 cm de diáametro.
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1??? /
2 cordóns /
greca.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de dous chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Flanqueando ó pedestal dúas imaxes, unha Santa Bárbara e unha Custodia.
Medio pé (MP) 3 cordóns /
Presenta sinete rectangular coa inscrición: " Juan Mª de la Sota me hizo / LUGO".
Pé 1 cordón.
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 10-11-2025