| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
56 |
|---|
| Altura do bronce |
50 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
102 |
|---|
| Fundidor | RUIZ, FERNANDO |
|---|
| Ano de fundición |
1883 |
|---|
| Descricion |
Campá menor pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1883 por Fernando Ruiz en Castrelo do Val (Ourense). |
|---|
| Hombreiro (H) |
5 cordóns. |
|---|
| Terzo (T) |
Greca triangular cos vértices cara arriba e decoración interior vexetal (pétalos) /
2 cordóns /
⁎JHS⁎ ⁎MARIA⁎ ⁎Y⁎ ⁎JOSE⁎ ⁎ANO⁎ ⁎DE⁎ ⁎1883⁎ /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal (hexapétalos). Dous cirios flanquean o pedestal. Brazos con remates a modo de potenzada. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes. Enriba da stipes presenta unha cartela coa siglas INRI. Tres cravos rectos saen do pao da cruz significando que Cristo está Crucificado.
No lado oposto inferior presenta unha figura de Santa Bárbara enriba do sinete rectangular coa inscrición: "⁎D⁎ᴺ. FERNANDO⁎ / ⁎RUYZ⁎ MEHIZO⁎". O sinete vai flanqueado cinguindo toda a campá por cravos rectos cara arriba. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns. |
|---|
| Pé |
1 cordón /
greca triangular cos vértices cara arriba /
2 cordóns. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira con panca á dereita e cadea. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé/ CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (08-05-2026)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
10-05-2026 |
|---|
| 4 Fotos |
|---|