(Referencia 27473)


Localización Espadana
Diámetro (en cm) 70
Bordo 65
Peso aproximado (en quilogramos) 199
Fundidor RUIZ, JOSÉ
Ano de fundición 1918
Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1918 por José Ruiz en Castrelo do Val (Ourense).
Terzo (T) 2 cordóns /
◀IHS▶ ◀MARIA▶ ◀Y▶ ◀JOSE▶ J.RUIZ ME FECIT /
2 cordóns /
greca vexetal /
1 cordón.
Medio (M) Presenta unha gran Custodia cun Corazón de Xesús no centro.
No lado oposto presenta unha figura da Virxe Coroada en actitude de orar.
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Pé 1918 (A punzón).
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 20-05-2026
(Referencia 27472)


Localización Espadana
Diámetro (en cm) 71.5
Bordo 68
Peso aproximado (en quilogramos) 212
Fundidor CAGIGAL PEREDO, ANTONIO
Ano de fundición 1801
Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1801 por Antonio de Cagigal Peredo en Ourense.
Terzo (T) 2 cordóns /
SANTA ⁑⁑ MARIA ⁑⁑ LAREAL ⁑⁑ DE ⁑⁑ PORqVERA ⁑⁑ ORAPRONOBIS ⁑⁑ ANO ⁑⁑ DE 1801 ⁑⁑ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de seis chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates en tres illas romboideas. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes e esta, está cinguida por unha greca triangular. Tres cravos curvos saen dos paos da cruz significando que Cristo foi desencravado.
No lado oposto superior presenta unha figura da Virxe María.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
YZOSE ⁑⁑ SIENDO⁑⁑ ABAD ⁑⁑ ELSEÑOR ⁑⁑ DON ⁑⁑ MANVEL ⁑⁑ qVIÑONES ⁑⁑ CAXIGAL ⁑⁑ MEFECIT ⁑⁑ /
2 cordóns.
Pé 3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 20-05-2026