Capela de San Lois - A ESTRADA GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 27589)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 42
Peso aproximado (en quilogramos) 43
FundidorLISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)
Ano de fundición 1906
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1906 por José Liste en San Pedro de Orazo, A Estrada (Pontevedra).
Terzo (T) 2 cordón /
IHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1906 ѧ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal e xeométrico. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Dous cordóns cinguen polo comezo da stipes.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
ѧ FUͶDIDA POR J. LISTE EͶ ORAZO ѧ /
2 cordóns.
1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (18-06-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 21-06-2026
7 Fotos

Maior.

(Referencia 27588)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 59
Peso aproximado (en quilogramos) 119
FundidorOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1930
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1930 polos Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra).
Terzo (T) Greca /
1 cordón /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1930 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates flamexados. Dous cordóns cinguen polo comezo da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns /
Sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (18-06-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 21-06-2026
7 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 27-06-2026

    Connectats: 41 Visitants: 40 Usuaris: 1 - servidor