Igrexa de San Paio da Estrada - A ESTRADA (GALICIA)

Igrexa de San Paio da Estrada - A ESTRADA GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 27609)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 68

Altura do bronce 67

Peso aproximado (en quilogramos) 182

Fundidor BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO

Ano de fundición 1800

Descricion Campá menor pendurada no oco esquerdo frontal da torre-campanario. Fundida en 1800 por Francisco Antonio Blanco en Santiago de Compostela (A Coruña).

Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y ⁎ JOSEPH ⁎ ANO DE 1800 ѧ /
2 cordóns.

Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados.

Medio pé (MP) 3 cordóns.

Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FRANCIS /CO ANTº / BLANCO / ME HIZO / EN STº" /
1 cordón.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Combinación de badalo cunha corda e electro-mazo exterior.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé & TÚÑEZ TANOIRA, Pedro Daniel/ CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (26-06-2026)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 29-06-2026


6 Fotos

Maior.

(Referencia 27608)


Localización Torre-campanario

Diámetro (en cm) 78

Altura do bronce 80

Peso aproximado (en quilogramos) 275

Fundidor DE LA VEGA CAMPO, JUAN MANUEL (1743-1817)

Ano de fundición 1818

Descricion Campá maior pendurada no oco dereito frontal da torre-campanario. Fundida en 1818 por Juan Manuel de la Vega en San Pedro de Orazo, A Estrada (Pontevedra). Aínda que o mestre fundidor finou en 1817, déronse casos de que os mestres facían lotes de campás a maiores. este debeu ser un caso, pois ten a data un ano despois do seu falecemento.

Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
⁎JHS M⁎ᴬ JPH Sᵀᴬ⁎ Bᴿᴬ ⁎ … ⁎ 1 ⁎ 8 ⁎ 18 ⁎ /
2 cordóns /
greca triangular cos vértices cara abaixo.

Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos e brazos lanceolados. Ten tres cravos curvos, significando que Cristo foi desencravado. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.

Medio pé (MP) 2 cordóns /
⁎ ECCE ⁎ CRUCEM ⁎ DOMINE ⁎ FUGITE ⁎ PARTES ⁎ ADVERSAE ⁎ LEO ⁎ DE TRIBU⁎ IUDA⁎ RADIX ⁎ DAVID ⁎ ALLELUIA ⁎ /
3 cordóns.

2 cordóns.

Cepo Xugo de madeira.

Mecanismos de toque Combinación de badalo cunha corda e electro-mazo exterior.

Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé & TÚÑEZ TANOIRA, Pedro Daniel/ CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (26-06-2026)

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 29-06-2026


6 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)