Basílica de Santa María a Maior - PONTEVEDRA GALICIA

Campás actuais

Campá de sinais

(Referencia 27586)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 30
Peso aproximado (en quilogramos) 16
FundidorANÓNIMO (GALICIA)
Ano de fundición 1912
Descricion Campá de sinais pendurada no interior da Basílica. É unha réplica da campá do barco "TITANIC".
Medio (M) Presenta dous rectángulos. No superior pon "TITANIC", e no inferior "1912".
Medio pé (MP) 1 cordón.
2 cordóns.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (14-06-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 17-06-2026
2 Fotos

Menor.

(Referencia 27585)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 45
Peso aproximado (en quilogramos) 53
FundidorOCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1904
Descricion Campá menor pendurada do oco central superior da espadana. Fundida en 1904 por Melchor Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 45 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1904 /
1 cordón.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. A decoración da stipes é de tipo vexetal e a do patibulum, estrelas de oito puntas.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR MELCHOR / OCAMPO EN ARCOS DE / CONDESA".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo cunha corda e electro-mazo exterior.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (14-06-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 17-06-2026
6 Fotos

Mediana (II).

(Referencia 27584)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 75
Peso aproximado (en quilogramos) 244
FundidorOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1930
Descricion Campá mediana (II) pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1930 polos Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 75 cm de diámetro.
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1930 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. Un cordón ancho cingue pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADO POR OCAMPO / EN ARCOS DE LA CONDESA".
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo cunha corda e electro-mazo interior.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (14-06-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 17-06-2026
3 Fotos

Mediana (I).

(Referencia 27583)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 95
Peso aproximado (en quilogramos) 496
FundidorANÓNIMO (GALICIA)
Ano de fundición 1640
Descricion Campá mediana (I) pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1640 por autor anónimo. Ten unha medida estimada duns 95 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
IHS ⁎ SANCTA ⁎ MARIA ⁎ ORA ⁎ PRONOBIS ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1640 ⁎⁎ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates en tres illas romboideas. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
...ALO IANEZ IROXAS ⁎ ANO ⁎ 1640 ⁎ IMAIOR⁎ DOMO⁎ ⁎ FRANCISCO ⁎ ... /
2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo cunha corda e electro-mazo interior.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (14-06-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 17-06-2026
12 Fotos

Maior.

(Referencia 27582)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 110
Peso aproximado (en quilogramos) 771
FundidorOCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)
Ano de fundición 1910
Descricion Campá maior pendurada do oco central da espadana. Fundida en 1910 por Melchor Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 110 cm de diámetro.
No terzo ten a inscrición: "DEUS SAͶTUS DEUS FORTIS DEUS IͶMORTALIS MISEREREͶOBIS" que quere dicir (Santo Deus, Santo forte, Santo inmortal, ten piedade de nós). Esta frase pertence ó “Trisagio” que aparece na Liturxia do Venres Santo. É unha extensión do encomio a YAHVEH que atopamos en Isaias 6.3 e no Apocalipse 4.8. Esta oración aparece por primeira vez nun escrito do patriarca Proclo (436 – 446): estes foron os anos en que comezaron as herexías. Segundo o dicionario da Real Academia Española, coñécese como o Trisagio a todos os himnos en honra a Santísima Trinidade na que se repite tres veces a palabra “santo”.
Terzo (T) Greca /
2 cordóns /
DEUS SAͶTUS DEUS FORTIS DEUS IͶMORTALIS MISEREREͶOBIS /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. O pedestal e a stipes está cinguida por unha greca. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto inferior, dentro dunha figura trapezoidal cinguida por unha greca, presenta a inscrición: "MELCHOR OCAMPO / ME HIZO EͶ ARCOS / DE LA COͶDESA⁎ / SIEͶDO RECTOR EL / LIC DͶ FRAͶCISCO DE / CASTRO QUEIRUGA⁎ DE / SAͶTA MARIA LA MAYOR / DE POͶTEVEDRA EL AͶO DE / 1910".
Medio pé (MP) 4 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo cunha corda e electro-mazo interior.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (14-06-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 17-06-2026
7 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 20-06-2026

    Connectats: 165 Visitants: 165 Usuaris: 0