Menor - Igrexa de Santiago de Morillas - CAMPO LAMEIRO (GALICIA)
| (Referencia 27648) | |
|---|---|
![]() | |
| Localización | Espadana |
| Diámetro (en cm) | 45 |
| Peso aproximado (en quilogramos) | 53 |
| Fundidor | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) |
| Ano de fundición | 1942 |
| Descricion | Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1942 polos Ocampo de Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 45 cm de diámetro. |
| Terzo (T) | Greca / 1 cordón / JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1942 / 1 cordón. |
| Medio (M) | Presenta unha cruz cun pedestal de dous chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. |
| Medio pé (MP) | 3 cordóns. |
| Pé | Presenta sinete rectangular coa inscrición: "FABRICADA POR / OCAMPO EN ARCOS / DE LA CONDESA". |
| Cepo | Xugo de madeira. |
| Mecanismos de toque | Badalo cunha corda. |
| Valoración | Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
| Instalación | A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
| Editor da ficha | TROIANO CARRIL, Xosé |
| Actualización | 13-07-2026 |
| 6 Fotos | |
