Menor - San Xulián de Pontecesures PONTECESURES (GALICIA)

Menor - San Xulián de Pontecesures - PONTECESURES (GALICIA)

(Referencia 27415)
LocalizaciónTorre-campanario
Diámetro (en cm)69
Peso aproximado (en quilogramos)190
FundidorOCAMPO BLANCO, JUAN RAMÓN (1822 - 1898)
Ano de fundición1876
DescricionCampá menor pendurada do oco esquerdo da torre esquerda. Fundida en 1876 por Juan Ramón Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Esta campá posiblemente foi trasladada da igrexa vella para esta actual.
Terzo (T)Greca /
2 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1876 ⁑⁑ ⁑⁑ /
1 cordón.
Medio (M)Presenta unha cruz con pedestal feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados.
Medio pé (MP)2 cordóns /
inscricion ilexible /
1 cordón.
CepoXugo de madeira.
Mecanismos de toqueCombinación de badalo e electro-mazo interior.
ValoraciónPódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
InstalaciónA instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
ObservaciónsCampá moi mal fundida ou rematada.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé (21-05-2022)
Editor da fichaTROIANO CARRIL, Xosé
Actualización06-05-2026
2 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)