Os ladróns danaron unha delas ao guindala desde o campanario tras desprendela

A Policía Nacional investiga o roubo das campás da ermida de Nosa Señora da Fonte, no céntrico barrio compostelán de Pelamios, que foron subtraídas con case toda probabilidade na madrugada do pasado martes. As pescudas policiais comezaron despois de que o párroco de San Caetano e de San Xoán de Vista Alegre, Víctor Sánchez Lado, presentase a correspondente denuncia.
Os autores do roubo situaron uns colchóns no pequeno atrio da capela e tras subir ao campanil do templo desprenderon as campás e guindáronas sobre estes, para atenuar o golpe. A pesar de iso, causaron algunhas desfeitas.
Ao parecer, durante varios días pernoitaron nas inmediacións do citado atrio varias persoas e os veciños alertaron á Policía Local debido ao lixo acumulado, entre a que había restos dunha das campás que resultou danada.
![]() |
||
© La Voz de Galicia (2024) © Campaners de la Catedral de València (2026) campanerscatedralvalencia@gmail.com Actualización: 08-05-2026 |
||