Organizan un festival de campás en Esgos para atraer novas vocacións

Dez campaneiros da contorna fixeron unha exhibición das súas habilidades na igrexa parroquial

A cabalo entre un instrumento musical e un medio de comunicación, as campás empregáronse ao longo da historia como códigos para os veciños das aldeas


Organizan un festival de campás en Esgos para atraer novas vocación

A expectación non podía ser maior na igrexa parroquial de Esgos. Tras a misa do domingo, tocou festival de campás.

Manuel Rodríguez, campaneiro de Quins, en Melón:

"Moi bonito, moi bonito. Eu veño de 40 ou 50 quilómetros de distancia".

Trátase dunha iniciativa do concello para buscar remuda xeneracional a unha tradición que foi desaparecendo coas novas tecnoloxías da comunicación.

Julio Fidalgo, campaneiro:

"Era o whatsapp antigo, o teléfono antigo, onde se transmitía a chamada ao cura, ao sacristán, a unción de enfermos..."

Dez campaneiros, daquí e doutras parroquias da provincia, sumáronse a esta convocatoria que os fixo viaxar no tempo.

Pedro Álvarez, campaneiro:

"Para min é emocionante porque facíao cando tiña doce ou catorce anos".

O acceso non é fácil. Para chegar ao campanario hai que subir empinadas escadas e a maioría dos campaneiros xa teñen unha idade. Mentres uns tocan, outros agardan e valoran.

Pío Pablo Pérez, campaneiro:

"Toco a defunto, á misa, repenico cando é a festa..."

E tras as campás, desde o adro da igrexa, resoan os aplausos.

"Recordo todos estes toques de cando era neno, con nostalxia e con emoción". "Estabamos agora falando de facelo internacional, en plan broma",
comentan dous veciños.

Todo un festival que se repetirá noutras parroquias, á procura de novos talentos.

G24.GAL

g24.gal (20-07-2025)

  • Igrexa de Santa María de Esgos - ESGOS: Campás, campaneiros e toques
  • ESGOS: Campás, campaneiros e toques
  • ÁLVAREZ, PEDRO (ESGOS) : Toques e outras actividades
  • FIDALGO, JULIO (ESGOS) : Toques e outras actividades
  • PÉREZ, PÍO PABLO (ESGOS) : Toques e outras actividades
  • RODRÍGUEZ, MANUEL (QUINS) (MELÓN) : Toques e outras actividades
  • Concursos, encontros, mostras de campaneiros: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © g24.gal (2025)
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 12-05-2026

    Connectats: 94 Visitants: 94 Usuaris: 0