O son das campás, fundamental para avisar os veciños dos incendios

O seu son, rápido e acelerado, foi un chamamento colectivo de auxilio para toda a veciñanza


O son das campás, fundamental para avisar os veciños dos incendios

O son das campás foi o que alertou dos incendios en moitas aldeas de Ourense. O labor tradicional dos campaneiros volveu ser fundamental para avisar os veciños, que puideron anticiparse á chegada das lapas a carón dos núcleos urbanos.

Así soaban en moitas aldeas de Ourense as campás das igrexas ante a presenza dos incendios. O seu son, rápido e acelerado, foi un chamamento colectivo de auxilio para toda a veciñanza.

Hoxe, nas aldeas de moitos concellos de Monterrei, cunha situación moito máis calmada, falamos cun dos veciños de San Cristovo. Carlos é un dos campaneiros desta igrexa pero eses días, o son das campás sorprendeuno defendendo a súa casa do lume.

As campás teñen unha linguaxe propia a través do son. O do lume, ese que nunca quixeran tocar, é moito máis inquietante.

A dos campaneiros é unha profesión con pouca remuda xeracional, case en desuso. En moitas igrexas as campás xa tocan de maneira automatizada. Con todo, o seu labor foi fundamental durante este vaga de incendios.

G24.GAL

g24.gal (29-08-2025)

  • Igrexa de San Cristovo - MONTERREI: Campás, campaneiros e toques
  • MONTERREI: Campás, campaneiros e toques
  • Toques extraordinarios de campás: Bibliografía

     

  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © g24.gal (2025)
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 16-06-2026

    Connectats: 72 Visitants: 71 Usuaris: 1 - francesc