| Vídeo | Para descargar o vídeo |
|---|---|
| Autors da documentación | TROIANO CARRIL, Xosé |
| Título | Un campaneiro con soleira |
| Data | 28-09-2019 |
| Duración | 01:15 |
| Clase | Festa grande |
| Observacións | Chámase José Bouzas García, vive en Oleiros (A Coruña) e ten 91 anos. Con esta idade aínda ten folgos para subir a unha espadana e tocar as campás a ritmo de muiñeira ou de música tradicional galega. Practicamente toca todos os anos na romaría da Nosa Señora dos Milagres en Bandoxa (Oza-Cesuras, A Coruña). Este ano 2019, dicía que se cansaba pero, para gañarlle o cansanzo, o que facía era trocar a peza musical. Dende logo dálle un xeito moi especial de toca-las campás. Comezou dende moi novo a dar as badaladas nunha campá e o seu soño é tocar na catedral de Santiago de Compostela antes de finar. Outro desexo é tocar no programa da TVG, en concreto no programa Luar. |
| Vídeo HD | |
![]() |
||
© Campaners de la Catedral de València (2025) campanerscatedralvalencia@gmail.com Actualización: 16-12-2025 |
||