Inventario de Campás

Antiga escola Sociedad Progreso de Lanzós - VILALBA (GALICIA)

(Referencia: 13434)
Rúa do Adro, s/n.
27816 VILALBA


Data de construción Século XX
Descricion Campá única da antiga escola Sociedad Progreso de Lanzós fundada en 1920. Fundida por Constantino Linares en Carabanchel Bajo, Madrid.

Edificación inaugurada no ano 1921 feita en cantaría granítica e cachotaría, con planta rectangular e cuberta a catro augas.
A fachada principal presenta un pano simétrico de ocos escarzanos, os do primeiro andar con pequenos voadizos protexidos cun enreixado metálico.
O conxunto remata cun édiculo de liñas curvas feito en pedra granítica que remata cunha pequena campá. Neste edículo podemos ver un reloxo de agullas e que unha inscrición nunha praca de mármore coa seguinte lenda:
“SOCIEDAD PROGRESO DE LANZOS
INAUGURADA
1920”.

Este edificio foi promovido pola sociedade “El Progreso de Lanzós”. No pasado funcionou como centro de ensino primario (ata a década dos 80 do século pasado), vivenda do mestre e centro de reunións do Sindicato Agrario. No presente funciona como Centro social da asociación de veciños e telecentro.
Campás 1 campá.
Autor
  • FRANCO BARROS, Oscar / PATRIMONIOGALEGO.NET (17-11-2023)
  • FRANCO BARROS, Oscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (20-11-2023)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (20-11-2023)
  • 3 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 22-11-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Única.LINARES ORTIZ, CONSTANTINO DE (CARABANCHEL BAJO)1921

  • Ficha reducida (PDF)
  • VILALBA: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2024)
    campaners@hotmail.com
    Actualización: 15-05-2024
    Convertir a PDF

    Connectats: 36 Visitants: 36 Usuaris: 0