
Localización Espadana
Fundidor BLANCO FERNÁNDEZ, JENARO
Ano de fundición 1895
Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1895 por Jenaro Blanco Fernández en Monforte de Lemos (Lugo). Ten unha inscrición en latín moi usada polos fundidores cántabros: LAUDO DEO VERUM, POPULUM VOCO, CONGREGO CLERUM, DEFUNTUM PLORO, PESTEN FUGO, FESTA DECOR (Exalto ao Deus verdadeiro, convoco ao pobo, congrego ao clero, polos defuntos choro, as pestes disolvo e as festas aledo).
Terzo (T) 2 cordóns /
Inscrición /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de 6 chanzos feitos a base de selos cadrados con 4 estrelas no seu interior. Reforzada no seu eixo e os brazos rematan de forma flamexada. No lado oposto unha inscrición: + / JESUS / ANNO DE 1895 / LAUDO DEO VERUM, / POPULUM VOCO, CONGREGO / CLERUM, DEFUNTUM PLORO, / PESTEN FUGO, FESTA DECOR / BLANCO ME FECIT.
Medio pé (MP) 2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo sen ningunha corda
Valoración Campá interesante. Pode refundirse en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 15-02-2023
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 15-02-2023