| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
55 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
96 |
|---|
| Fundidor | DE LA SOTA, JUAN MARÍA |
|---|
| Ano de fundición |
1882 |
|---|
| Descricion |
Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1882 por Juan María de la Sota en Lugo. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro. |
|---|
| Terzo (T) |
3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1882 /
2 cordóns. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos da cruz teñen remates flamexados. Flanqueando ó pedestal dous cirios cunha imaxe de Santa Bárbara á dereita e unha Custodia á esquerda. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto presenta sinete coa inscrición: "Juan Mª de la Sota me hizo / LUGO". |
|---|
| Medio pé (MP) |
4 cordóns. |
|---|
| Pé |
1 cordón. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo cunha cadea. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
Autors da documentación- TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (28-10-2024)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
05-11-2024 |
|---|
| 7 Fotos |
|---|