Igrexa de de Santa María de Cela - OUTEIRO DE REI GALICIA

Campás actuais

Menor

(Referencia 24837)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 55
Peso aproximado (en quilogramos) 96
FundidorDE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA
Ano de fundición 1882
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1882 por Juan María de la Sota en Lugo. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro.
Terzo (T) 3 cordóns /
JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1882 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos da cruz teñen remates flamexados. Flanqueando ó pedestal dous cirios cunha imaxe de Santa Bárbara á dereita e unha Custodia á esquerda. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto presenta sinete coa inscrición: "Juan Mª de la Sota me hizo / LUGO".
Medio pé (MP) 4 cordóns.
1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (28-10-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 05-11-2024
7 Fotos

Maior

(Referencia 24836)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 75
Peso aproximado (en quilogramos) 244
FundidorVILLANUEVA SÁENZ, FERNANDO
Ano de fundición 1956
Descricion Campá maior pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1956 por Fernando Villanueva Sáenz en Villanueva de la Serena (Badaxoz). Ten unha medida estimada duns 75 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
...TERIO FERREIRA DIAZ FELIGRESES Y FABRICA AÑO-1956 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Cabeza ladeada cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza anoado á dereita.
No lado oposto presenta sinete coa inscrición: "FERNANDO VILLANUEVA SAENZ / FUNDIDOR DE CAMPANAS / VILLANUEVA DE LA SERENA / BADAJOZ".
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo cunha cadea.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (28-10-2024)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 05-11-2024
9 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 19-06-2026

    Connectats: 67 Visitants: 67 Usuaris: 0