
| | Descricion |
Igrexa moderna con amplo atrio – cemiterio e contorno de grandes castaños. De cruz latina, cuberta de lousa e muros de pedra revocados de cemento. Nave esvelta, cunha porta lateral sur, a dúas augas, porta principal con lintel semiarqueado e ventá con lintel semicircular, espadana de dous vanos. Piso de cemento, coro de madeira sobre os pés. Cruceiro con cúpula sobre catro arcos de medio punto, cuberta a catro augas, máis elevada que a nave, e iluminada a través de catro óculos laterais. Pía bautismal con debuxos xeométricos e pé cadrado no exterior.
Retablo maior, moderno, de estilo neoclásico. Retablo da capela lateral dereita, neogótico coa Inmaculada e San Roque, o Neno, un can e unhas chaves aos pes (s. XVII). |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorTROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (28-10-2024) Concello de Outeiro de Rei [https://outeiroderei.gal/turismo/patrimonio-historico-artistico/igrexas/] (05-11-2024) |
|