
Localización Torre-campanario exenta.
Diámetro (en cm) 74
Altura do bronce 62
Peso aproximado (en quilogramos) 235
Fundidor CAGIGAL PEREDO, JOAQUÍN DE
Ano de fundición 1796
Descricion Campá maior pendurada da torre-campanario exenta. Fundida en 1796 por Joaquín de Cagigal no Vilar, Pontedeume (A Coruña).
Terzo (T) 2 cordóns /
REGINA SACRATISSIMI ROSARIORA PRONOBIS HICIERONˢᴱ SIENDO ABAD Dᴺ JOSEF FERᴰᴱᶻ SERANTES ANO D1796 /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal (pétalos). Os brazos teñen remates a modo de potenzada.
Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Cepo Xugo mixto de madeira e pedra.
Mecanismos de toque Electro-mazo interior.
Valoración Debe ser incoado expedente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remprazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 12-12-2024
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 12-12-2024