Maior. - Igrexa de Santo André de Barrantes - RIBADUMIA (GALICIA)

(Referencia 25588)

Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 102
Peso aproximado (en quilogramos) 614
FundidorMANCLÚS, SALVADOR
Ano de fundición 1960
Descricion Campa maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1960 por Salvador Manclús en Valencia.
Terzo (T) 6 cordóns (3+3).
Medio (M) Presenta unha cruz cun Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Cabeza ladeada cara á esquerda cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado ó centro.
No lado oposto da cruz presenta unha longa inscrición: ""LOS FELIGRESES DE LA PARROQUIA DE BARRANTES, CON TODO EL FERVOR / DE SUS ALMAS Y AMOR DE SUS CORAZONES, TIENEN EL HONOR DEDEDICAR / ESTA NUEVA CAMPANA A LA MAYOR HONRA Y GLORIA DE LOS SAGRADOS CORAZONES / DE JESUS Y MARIA CUYAS MELODIAS PORTADORAS DE LA VOZ DE DIOS / QUE NOS LLAMA COMO PADRE AMOROSO ASUS HIJOS, PARA QUE ACUDAMOS / CON VIVA FE Y SANTO CELO A ESCUCHAR SU PALABRA DIVINA Y A FORTALECERNOS / CON LOS SANTOS SACRAMENTOS Y RECIBIR EL ROCIO DE LA LLUVIA / DE GRACIAS EN EL SANTO SACRIFICIO DE LA MISA. /
SAGRADO CORAZON DE JESUS EN VOS CONFIO /
DULCE CORAZON DE MARIA, SED LA SALVACION MIA /
15 DE JULIO DE 1960" (Un cordón fino cingue esta frase).
Á dereita da cruz presenta unha figura do Corazón de Xesús e á esquerda presenta o sinete do fundidor: "FUNDICION / DE / SALVADOR MANCLUS / C. INDUSTRIA, 27 / VALENCIA".
3 cordóns (2 grosos e 1 fino).
Medio pé (MP) 1 cordón groso /
Guirlanda con motivos relixiosos.
1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo e 2 electromazos interiores.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé & VIEITES PAZ, Rogelio / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (25-04-2025)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 02-05-2025
6 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 11-04-2026

    Connectats: 89 Visitants: 88 Usuaris: 1 - francesc